Do 28-08-2024 ao 30-08-2024
O concello de Vimianzo adquiriu un novo aparello que facilitará o labor dos operarios do servizo de limpeza, ao tempo que mellorará a limpeza das rúas dando aos veciños e veciñas un servizo máis eficaz e máis rápido. Trátase da adquisición dun aspirador que axudará aos traballadores do servizo de limpeza a realizar o seu traballo dun xeito máis eficaz do que ata agora podían realizar manualmente, o que se traducirá nun mellor servizo para os cidadáns.