Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

21-10-2013

A Sala de Exposicións Antón Mouzo comeza unha nova etapa

Logo de acoller as exposicións de pintura, escultura e fotografía de sete artistas vimianceses a Sala de Exposicións Antón Mouzo comezaba o venres unha nova etapa abrindo as súas portas aos artistas da Costa da Morte. Unha nova etapa que se inauguraba coa exposición da muxiá Viki Rivadulla, que co bruar da Bughina trae o mar á capital soneirá. A noite do venres a Casa da Cultura de Vimianzo escoitou bruar a buguina avisando á vila da chegada dunha nova exposición. E fíxoo da man do poeta mariñeiro Xosé Iglesias que desde A Coruña quixo poñer os seus versos a disposición da pintora muxiá, ao igual que Isidro Novo, poeta de Lugo que nos deixou uns fermosso versos. Pintura, escultura, poesía e a música das pandereteiras de Muxía conxugáronse para dar vida á exposición de Viki Rivadulla. Unha exposición que a artista quixo dedicar a Antón Mouzo, con quen tivo a honra de compartir numerosos momentos.
A exposición O bruar da bughina poderase visitar na Sala de Exposicións Antón Mouzo ata o vindeiro mes de decembro. Unha gran ocasión para gozar da obra de Viki Rivadulla e de sentir o mar a través da súa arte

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X