Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O concello de Vimianzo colabora cos hostaleiros na organización dunhas xornadas gastronómicas de outono que terán lugar durante o mes de novembro: Vimianzo gastronómico. Compartimos outono. As panaderías de Vimianzo tamén quixeron participar nesta iniciativa e hoxe achegáronse ao concello para presentar as propostas de sobremesas que se incluirán nos menús dos restaurantes que participan nas xornadas. De entre as sobremesas que hoxe presentaron Panadería Sampedro e Pan Ignacio escollerase a que será a sobremesa representativa de Vimianzo.