13-08-2013
A música coral abriu as festas de Vimianzo
A Coral Polifónica Neria presentaba o venres en Vimianzo o seu primeiro disco titulado Amnecer na Costa da Morte cun concerto ao que acudiron numerosos veciños de diferentes puntos da Costa da Morte. Manuel Antelo subía ao escenario para facer a presentación da Coral, unha coral que conta entre as súas voces con persoas dos concellos de Carnota, Cee e Vimianzo. A Coral, fundada no ano 2008 por Isidro Caamaño, quen segue a ser o director da mesma desde a sñua fundación, deleitou aos presentes con dez temas que levantaron unha gran ovación final do público.
A actuación da Coral dabao pistoletazo de saída ás festas de Vimianzo quetiveron lugar durante toda a fin de semana, con diferentes actuacións na Praza do Concello.