Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Continuando co programa de visitas guiadas á Exposición de Antón Mouzo, organizado polo Departamento de Cultura, hoxe tocoulles participar aos 74 alumnos e alumnas do CEIP de Baíñas. Manuel Antelo recibiu os nenos e nenas á súa chegada á Casa da Cultura e acompañounos á Sala de Exposicións onde Puri Lema, licenciada en Belas Artes, lles ía ensinando os segredos das obras do pintor vimiancés. Ao longo da mañá os escolares estiveron participando nas actividades programadas: aprenderon a analizar a obra de Antón Mouzo, realizaron un traballo de investigación na biblioteca e remataron a xornada elaborando un mural colectivo onde plasmaron a súa visión sobre a arte do pintor vimiancés. Pola tarde serán os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria do CEIP San Vicenzo de Vimianzo os que participen neste programa.