Concello de Vimianzo
14 de agosto de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

22-07-2013

O Campo da Areosa encheuse para participar na XV Rapa das Bestas

A Rapa das Bestas é algo máis que un espectáculo, é unha tradición en Vimianzo, unha tradición que desde a Asociación Cabalar Monte Faro se soubo recuperar á perfección. O Monte Faro foi desde sempre morado de cabalos salvaxes e a tradición de rapalos e lembrada polas xentes das ladeiras do monte.
Esta fin de semana Vimianzo volveu revivir a tradicional Rapa engalanada con diferentes actividades ao longo dos dous días. O sábado, logo de baixar as bestas ao curro, tiña lugar unha espectacular feira de gando, coma as que se celebraban en tempos pasados. Pola tarde os xinetes baixaron ao Val de Vimianzo nos seus cabalos para deixar sentir na vila o ambiente cabalar que se vivía no Campo da Areosa. Os establecementos hostaleiros de Vimianzo quixeron sumarse tamén á festa ofrecendo como pincho gratuíto chourizo de poldro aos seus clientes. Pero sen dúbida o gran día foi o domingo e a xente comezou a subir ao Campo da Areosa para degustar a carne de poldro despois da sesión vermú. Pola tarde o espazo quedaba pequeno para presenciar o espectáculo da Rapa no Curro, que comezaba pouco despois das cinco da tarde coa entrada dos aloitadores no curro.
Parabéns á Asociación Cabalar Monte Faro por levar a cabo esta festa e saber conservar unha tradición tan propia de Vimianzo.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X