Concello de Vimianzo
25 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

17-07-2013

Intensa semana de actividades para os 70 participantes no campamento Vimiverán

O pasado venres clausurábamos o Pequecampamento Vimiverán logo dunha calorosa semana de actividades na que participaron 30 nenos e nenas de entre 3 e 5 anos. Agora é a quenda dos máis maiores e o Campamento Vimiverán comezou coa exitosa participación de 70 nenos de idades comprendidas entre 6 e 12 anos. Unha intensa semana de actividades manterá moi ocupados aos participantes: obradoiros de manualidades, taller de elaboración de papel reciclado, xincanas e chapuzóns na piscina para paliar o calor, foron as actividades realizadas ata hoxe. A xornada de hoxe será diferente para os nenos, pois PanIganacio pon á súa disposición as súas instalacións e os seus fornos para que aprendan como se elabora o pan e diferentes doces que logo terán ocasión de degustar e levar para as súas casas, ao igual que fixeron a semana pasada no Pequecampamento. Pero sen dúbida o día máis agardado polos participantes, e de máis nervios par ao pais, é o de mañá xoves, xa que o Campamento esténdese a toda a xornada con velada no pavillón municipal. Pola mañá talleres e obradoiros, pola tarde piragüismo na ría, coa colaboración do Concello de Cabana de Bergantiños, e de volta a Vimianzo cea e a pasar a noite no pavillón. O venres de novo obradoiros e actividades deportivas antes de clausurar o Campamento.
Pero as actividades de verán para os nenos e nenas de Vimianzo non rematan aquí, o luns comeza o curso de natación na piscina, e o torneo interparroquial de fútbol sala benxamín e alevín, e o mes de agosto vén cargado de actividades para que se divirtan e para favorecer a conciliación laboral e familiar aos pais e nais.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X