Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
A actividade cultural e deportiva en Vimianzo non descansa nin as fin de semana e deste xeito o domingo desde antes das 10 da mañá nas rúas da vila notábase o ambiente deportivo. Os ciclistas comezaban a achegarse á Praza do Concello para inscribirse na ruta de 12 Km que percorrerían o Val de Vimianzo, nun Día da Bicicleta organizado por La Voz de Galicia e o Concello de Vimianzo. O Tenente Alcalde, Fernando Mancebo, daba a saída aos ciclistas ás 11 da mañá, entre os que se atopaba o concelleiro de Medio Ambiente Anselmo Ramos, que participou na ruta con toda a familia. na metade da ruta os ciclistas fixeron unha parada para retomar forzas na praza de Cambeda onde ademais de bebida moi agradecida no caloroso día de onte, puideron degustar a rosca xentileza de PanIgnacio. Logo do avituallamento, continuaron a ruta ata a Praza do Concello a onde chegaron preto das 13 horas. Era entón o momento do sorteo de agasallos entre os participantes e da tan agardada bicicleta que nesta ocasión recaeu en Mohamed Hafé Handi, un neno saharaui que pasa o verán en Vimianzo dentro do programa Vacacións en Paz. Parabéns para Mohamed e para todos os participantes na ruta, que agardamos repitan na 3ª edición o vindeiro ano.