Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

12-07-2013

Vimianzo vivo, compartimos a nosa historia

A oferta turística de Vimianzo ten que estar á altura do seu patrimonio cultural e paisaxístico, por iso desde o concello se puxo en marcha o proxecto Vimianzo vivo, que ofrece dúas alternativas de lecer e cultura para veciños e visitantes. O maxestuoso Castelo é o emblema do noso concello e recibe ao longo dos meses de xullo e agosto milleiros de visitantes, que percorren a fortaleza medieval e visitan a mostra de artesanía en vivo que alberga no seu interior. Pero estas visitas deixaban incompleta unha parte moi importante da nosa historia que agora podemos coñecer a través de Castelo vivo, un paseo pola historia. Durante media hora e valéndonos do teatro de rúa coa Compañía Os quinquilláns podemos aprender a historia da Castelo e das xentes que o habitaron, dun xeito moi ameno, por medio de dous criados que nos contan quen foron os Mariño de Lobeira, os Moscoso de Altamira, os irmandiños e a súa importancia na nosa fortaleza medieval, ao escritor Evaristo Martelo que lle deixou o nome de Torres do Martelo, aos acontecementos da corporación municipal no 36 ata hoxe. Unha entretida media hora que se repite dúas veces ao día: ás 11 da mañá e ás 5 da tarde. Ben seguro que non vos ha defraudar.
Pero o patrimonio de Vimianzo vai moito máis aló do Castelo e da propia capital municipal, e desde o concello propuxémonos dalo a coñecer a través de Historia viva, un paseo por Vimianzo. Un bus turístico que sae do Castelo para percorrer unha ruta guiada cunha duración aproximada de hora e media. Catro rutas, unha para cada fin de semana do mes. A RUTA DO LESTE, que nos leva ao Pazo de Trasouteiro, aos dolmens de Pedra Cuberta e pedra Moura e á igrexa de Serramo; a RUTA DO NORTE, na que o guía nos amosa os Muíños e Batáns do Mosquetín, o Cruceiro dos Santos, a necrópole suevo-romana de Tines e as vistas desde o alto de San Bartolomeu en Salto; a RUTA DO SUR, que comeza no Pazo de Trasariz, continuando en Pasarela coas fermosas vistas das figuras multiformes dos Penedos, o fermoso lugar de Cereixo e A Cerca de Carnés, o lugar onde se celebra a famosa Faguía; e a RUTA DO SUR, que nos leva a adentrarnos no fermoso Castro das Barreiras, antes de seguir camiño cara a Baíñas onde visitaremos o dolmen de Pedra da Arca e gozaremos das impresionantes vistas desde a Cruz do Cabral (coñecido como Chan das Lagoas) para voltar polo lugar de Berdoias, que tantos segredos ofrece aos visitantes, facendo especial fincapé na Casota de Freáns.
O bus turístico sae do Castelo ao rematar a dramatización. Este domingo o bus levaranos á RUTA DO OESTE. Concello de Vimianzo, orgullosos do noso

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X