Concello de Vimianzo
14 de agosto de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

10-07-2013

A Faguía de Carnés, máis de 400 anos de tradición

Tradición, relixión e gastronomía conxúganse na Faguía e no San Cristovo de Carnés. A historia e a tradición da Faguía foi determinante para a consecución desta celebración como Festa de Galicia de Interese Turístico. A Faguía, á que moitos chaman o día dos callos, é moito máis que un evento gastronómico, xa que a historia de máis de 4 séculos de tradición así o demostra. Como cada 9 de xullo, a Comisión de festas de San Cristovo ten todo a punto para que a Cerca de Carnés abra a súa porta a veciños e forasteiros que non queren perder o máis significativo dos actos desta festa. Mais San Cristovo, a quen os veciños de Carnés procesan unha devoción absoluta, non pode separarse da Faguía, así preside en todo momento a Cerca durante a degustación dos callos e as actuacións musicais, ata que ao caer o sol volve en procesión para a igrexa, para dar paso á verbena nocturna.
O Alcalde achegouse o domingo a Carnés para facer entrega aos veciños de Carnés dun testemuño da súa historia, cumprindo a promesa feita o ano anterior de que en cada casa conten cun libro da historia da Faguía e do san Cristovo. o Concello editou o libro, da autoria de Leonardo González, quen realizou un gran traballo de investigación sobre a parroquia de Carnés, e fixo a entregar dun exemplar para cada casa da parroquia. Un pequeno tesouro para os veciños de Carnés que xa poden mostrar con orgullo A Faguía de Carnés e o San Cristovo 400 anos dunha festa.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X