08-07-2013
Os irmandiños apoderáronse de Vimianzo durante toda a fin de semana
A vila de Vimianzo acolleu esta fin de semana unha das edicións máis multitudinarias do Asalto ao Castelo, e non era para menos, pois celebrábase nada máis e nada menos que a maioría de idade, e nin sequera o astro rei quixo faltar á cita.
Xa desde o mércores co inicio da ruta dos pinchos irmandiños a festa prexaxiaba un grande éxito. O ambiente e as ganas de participar na festa deixábase ver polas arúas e nos 17 bares e restaurantes participantes. Os veciños e veciñas da vila engalanaron as súas casas para intentar darlle un pequeno aire medieval a Vimianzo e os traxes feitos pola organización estaban esgotados desde días antes. O venres a cita era no foso do castelo onde a organización tiña todo disposto para participar dunha suculenta cea. o marco incomparable do castelo e a espléndida noite foron a conxugación perfecta para que as 400 persoas que puideron gozar dunha fermosa velada.
Pero o día máis agardado segue a ser o sábado e desde ben cedo, e a pesar do abafante calor que, a feira de artesanía enchía a praza do concello e as terrazas dos bares empezaban a encherse de xente vestida co traxe medieval preparada para pasar o día na vila participando ou gozando das diferentes actividades que a organización tiña dispostas para todo o día. Os nenos tiveron unha xornada especial con diferentes actividades que tiveron como colofón o asaltiño. O bo tempo acompañou tamén os concertos da noite, a música de Luar na Lubre ía achegando a xente á zona dos concertos. Pouco despois das 12 a representación teatral previa ao propio Asalto, seguida por unha multitude xente que abarrotaba as rúas, o foso do castelo e a zona dos concertos. A festa continuou despois do asalto ata o amencer.
Desde o concello dámoslles os parabéns ás Asociacións Cherinkas e Axvalso, máximas organizadoras deste grande evento. Así coma aos veciños e veciñas de Vimianzo e a todos os colaboradores que fan posible que o ASALTO AO CASTELO se poida celebrar.