Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
A Sala de Exposicións Antón Mouzo non descansa e volve inaugurar outra exposición de artistas locais. O venres eran os alumnos e alumnas das Escolas Municipais de Arte (pintura e debuxo) e Panillo, os protagonistas da inauguración. Numerosos veciños, amigos e familiares dos artistas achegáronse á Casa da Cultura ansiosos por ver os traballos realizados. O acto comezou no Auditorio da Casa da Cultura coa proxección dun audiovisual no que se puideron visionar todos os traballos realizados durante o curso, pois na Sala tan só se pode ver uha selección. A continuación o alcalde deu paso a quenda de palabras, comezando a Escola de panillo cunha representante das alumnas e a profesora Lourdes Lema, que fixeron unha valoración do traballo realizado, cada unha desde o seu punto de vista, e a continuación dous alumnos de pintura e debuxo fixeron o propio coa súas disciplinas e a profesora Puri Lema falou da arte e da aprendizaxe do seu amplo grupo de alumnos. Rematou Manuel Antelo mostrando o orgullo polo crecente número de artistas anónimos que xermolan no concello, agradecendo a alumnos e profesores o seu traballo e dedicación e dando paso á inauguración da exposición. Unha vez aberta a Sala a calidade das obras falou por si mesma. A exposición poderá visitarse durante todo o mes de xullo.