25-06-2013
Grandes aplausos para o elenco actoral da Escola Teté teatro de Salto
Vimianzo estase a converter nun gran foco de actores e actrices afeccionados e véñeno demostrando cada fin de semana subindo ao escenario da Casa da Cultura. Xa estamos chegando ao remate das clausuras e o sábado foi o Grupo Teté Teatro de Salto, que conta nas súas filas cun grupo formado por 16 actrices e actores. Arroupados por un gran número de veciños e veciñas que non quixeron perder a estrea da función O cadáver do señor García, unha comedia de enredo que espertou en numerosas ocasións o aplauso e as gargalladas do público.
O vindeiro domingo será a Escola de teatro de Vimianzo a suba ao escenario da Casa da Cultura con divertidos Cadros de amor e humor ao fresco, será ás 20 horas