21-10-2011
O concello de Vimianzo renova web
O alcalde presenta a renovación da web acompañado de Rosa Sánchez e Lorena Cernadas, as funcionarias que coordinaron este traballo no que participaron todos os departamentos e distintos traballadores e traballadoras do concello.
Tras varios meses de reunións e de sesións de traballo a nova web está activa. Esta web pretende ser un instrumento de interacción coa cidadanía achegando información e habilitando distintos procesos para simplificar a relación co concello.
Manuel Antelo di que se trata “dunha nova web, cun novo deseño, con novos servizos e cunha nova imaxe para o inicio dunha nova etapa no concello de Vimianzo”.
Os servizos que se prestan son do máis variado: de acceso á información, de solicitudes, de descarga de impresos, de perfil do contratante,… Destaca singularmente a aposta polo diálogo a través do apartado “Liña directa co alcalde” e “Escoitámoste”. Aquí pódese plantexar desde opinións ata as peticións que se consideren oportunas e que serán atendidas debidamente.
Na web tamén hai un espazo para os vimianceses que están na diáspora.