Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O concello de Vimianzo vén de convocar 16 prazas de emprego para os meses de verán coas que se contratarán 12 peóns de limpeza de núcleos rurais durante dous meses, 2 condutores de motobomba durante 3 meses e medio, e 2 socorristas para a piscina municipal por un período de dous meses e medio. As persoas interesadas en presentarse a estas prazas poden presentar a solicitudes ata o vindeiro martes día 25 de xuño.
Nas bases dos peóns de desbroce destaca o carácter social que se promove desde o concello primando na valoración as persoas e familias con risco de exclusión social, así como a situación de desemprego de longa duración para persoas maiores de 45 anos ou proxenitores con fillos menores.