Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Unha nova tarde de teatro na Casa da Cultura e un novo cheo no patio de butacas. O público agardaba ansioso qu e se abrise o telón para comezar unha tarde de risas cos novos actores e actrices.
Os de menor idade foron os primeiros en saír ao escenario a represetnar A lei do peixe fritido. O elenco actoral formado por Iker García, Ivaní Sánchez, José Manuel Agustín, Sara Oanes, Lidia Miñones, Ricardo Castiñeira, Víctor Canosa, Andrés Parga, Manuela Lado, Guillermo del Moral, Elías Alborés e Emma Curra levantaron o aplauso dos presentes demostrando as súas dotes interpretativas.
O merlo branco era o título da outra función que puxeron en escena Mariña Miñones, Alexia Canosa, María Gándara, Aroa Villverde, Fernando Villaverde, Sara Pena, Alberto Andújar, Ana Ordóñez, Paula Andújar, Irza Sampedro, Tatiana Mouzo, Ilenia Martínez, Lucía Patiño, Héctor García, Alonso de Vicente e Alba Lema. Os aplausos e risas sucedéronse durante difernetes momentos da actuación.
A vindeira cita teatral será o sábado co Grupo Teté Teatro de Salto que poñerá en escena O cadáver do señor García.