21-10-2011
Manuel Antelo visita o Castro das Barreiras cos escolares de Vimianzo
Desde o goberno de Vimianzo queremos poñer en valor o noso patrimonio e o Castro das Barreiras ten que ser un dos piares arqueolóxicos do noso concello. Despois da limpeza da maleza e da eliminación da biomasa do castro que se realizou no mes de agosto, púxose en marcha o Programa de difusión social do Castro das Barreiras para achegar os veciños e veciñas de Vimianzo a coñecer o xacemento castrexo. O arqueólogo Ángel Concheiro, que realizou as escavacións no recinto arqueolóxico no ano 2010, é o encargado de levar a cabo este programa que conta cunha presentación teórica sobre a arqueoloxía previa á visita guiada ao Castro das Barreiras.
Xa participaron neste programa os alumnos e alumnas do CEIP de Baíñas, os de 5º e 6º do CEIP San Vicenzo de Vimianzo e os alumnos e alumnas de 2º, 3º e 4º da ESO do IES Terra de Soneira.