Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

10-06-2013

Tarde de diversión coa Escola de teatro Os Sapapusios de Pasarela

Se a semana pasada a Escola de Teatro de Berdoias enchía o auditorio da Casa da Cultura, este domingo Os Sapapusios de Pasarela non quedaron atrás e tamén colgaron o cartel de completo. Pouco despois das oito da tarde saían á escena os actores dispostos a facer gozar ao público dunha tarde de diversión e risas aseguradas, e non defraudaron. José Mª Rocha, Carmen Canosa, Daniel Caamaño, Begoña Lema, Elena Alvarellos e José Manuel Lema fixeron a súa actuación estelar levantando en numerosas ocasións o aplauso do patio de butacas. A divertida trama xunto coa magnífica interpretación dos actores, na que tivo moito que ver o director,  resultaron ser unha combinación perfecta para acadar o éxito.
O vindeiro domingo haberá unha nova sesión de teatro con dobre funcións a cargo das escolas de teatro infantil de Carantoña e Vimianzo, que poñerán en escena A lei do peixe fritido e O merlo branco.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X