Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

05-06-2013

A Escola de teatro de Berdoias triunfou sobre o escenario

As clausuras das escolas municipais sucédense semana a semana no Auditorio da Casa da Cultura e o domingo estreaba función a primeira escola de teatro. Os actores e actrices de Berdoias, Aurora Trillo, Isabel Sendón, Manuel Mouzo, Juan Ramón Pereira, Eliseo Tajes, Paquita Antelo, Loli Ínsua, José Blanco e Fina Campos, dirixidos por Toño Casais, poñían en escena a función Aquí non paga ninguén, de Darío Fo, unha comedia en dous actos na que se escenifican os apuros que pasan dúas amas de casa que se viron involucradas na sublevación dos clientes dun supermercado a consecuencia da subida dos prezos. Unha divertida sátira social moi de actualidade. Durante máis dunha hora o elenco actoral mantivo a diversión e a risa entre o público que enchía o auditorio que os ovacionou cun gran aplauso ao remate da función.
O vindeiro domingo a Escola de teatro os Sapapusios de Pasarela tomará o relevo no escenario coa función Non te vistas para cear.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X