Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Levamos xa unhas fins de semana con clausuras das diferentes escolas municipais e o sábado foi a quenda da escola de danza, nas modalidades de baile galego e baile de salón.
O auditorio mostrábase repleto de familiares, amigos e veciños dos bailaríns e bailarinas, que tras o escenario agardaban nerviosos a hora da actuación. Uns minutos pasados as 18.30 Sonia Amigo, facía de mestra de cerimonias e daba comezo as actuacións. Os primeiros en saír ao escenario eran as alumnas da escola de baile tradicional de Vimianzo, o grupo de adultas e o grupo infantil, que demostraron sobre o escenario o aprendido durante o curso, acompañando os bailes con música en directo da man dos profesores Bea Mariño e Ismael García. A continuación alternaríanse no escenario a escola de baile galego, de Salto, dirixida por Iván Villar, e a escola Airiños do Río Grande, de Pasarela, dirixidos por Paula Mouzo.
unha vez rematadas as actuacións de baile galego, subía ao escenario Graciela Toba para facer as presentacións na modalidade de baile de salón, onde ademais de ver os nosos bailaríns demostrando os bailes aprendidos na escola de Vimianzo, tivemos a ocasión de gozar con demostracións de bailaríns federados, entre os que contamos con varios vimianceses e vimiancesas.
Unha tarde, en definitiva, chea de aplausos e ovacións aos artistas, que rematou cun pequeno agasallo por parte do alcalde.