Concello de Vimianzo
25 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

30-05-2013

Preto de 800 sendeiristas participaron no programa de Andainas Coñece a Costa da Morte

A última das Andainas da programación conxunta dos concellos de Camariñas, Corcubión, Muxía, Ponteceso e Vimianzo tiña lugar o pasado sábado cunha fermosa ruta costeira polo concello de Camariñas. 14,5 Km nun roteiro circular con inicio e fin en Area de Vila. Máis de 200 sendeiristas participaron neste roteiro que puideron gozar da fermosura da ría de Camariñas, tendo com principais alicientes a subida ao Mirador das Seixas e a visita ao emblemático Cemiterio dos Ingleses. Como broche final do roteiro os participantes gozaron dunha degustación a cargo de Conservas Boya Industrias Cerdeimar no Club Náutico camariñán. 

Foi esta a última das andainas dunha exitosa programación na que particparon preto de 800 sendeiristas que gozaron da paisaxe e do patrimonio cultural da Costa da Morte, cunha rutas ben definidas e guiadas, nas que se complementou o deporte, o valor cultural e a gastronomía propia da Costa da Morte. unhas rutas que serven para poñer en valor a nosa paisaxe e o noso patrimonio que moitas veces descoñecemos a pesar de térmolo ao lado da casa. Do mesmo xeito permitiu fomentar a relación entre os participantes, veciños de concellos diferetnes que participaron na maioría das andainas, sendo este un xeito tamén de facer comarca, ampliando o sentido da comarca á Costa da Morte. O resultado das andainas foi moi gratificante tanto para os participantes como para os organizadores, que agardan repetir experiencia en ocasións vindeiras para poder seguir coñecendo a Costa da Morte, que agocha importantes tesouros patrimoniais e paisaxísticos.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X