Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O concello de Vimianzo, organiza xunto cos concellos de Camariñas, Corcubión, Muxía e Ponteceso, un programa de sendeirirsmo con rutas polos cinco concellos participantes: Andainas. Coñece a Costa da Morte, unhas rutas de dificultade mínima pensadas para realizar en familia e coñecer o patrimonio cultural e paisaxístico da nosa contorna.
O encargado de iniciar este programa d¡foi o concello de Ponteceso e fíxoo o pasado sábado cunha participación de 119 sendeiristas, chegados desde os diferentes concellos, 55 deles de Vimianzo. Desde a Praza do Recheo de Ponteso e baixo un sol radiante iniciaron o camiño pola riberia do Anllóns, en dirección á Corme, a onde chegarían arredor das 14.15 logo de contemplar as fermosas vistas da ría de Corme e Laxe desde a Barra e Valarés. Unha vez en Corme, os sendeiristas puideron visitar tranquilamente o Museo de Arte Contemporánea antes de volver aos seu lugar de orixe.
A seguinte andaina será no concello de Muxía o vindeiro 4 de maio. Será unha andaina costeira de 13 Km. que sairá do lugar de Moreira en direción ao Faro Touriñán, punto máis occidental da Península, e continuar cara á fermosa praia de Nemiña, lugar de remate da ruta. As persoas interesadas en participar na Andaina poden inscribirse ata o día 2 de maio nos concellos participantes.