Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Os alumnos e alumnas da ESO do IES Terra de Soneira levaron a cabo na mañá de onte a IV Revolta Irmandiña, unha actividade organizada desde o Gabinete de Normalización Lingüística do instituto no que os rapaces e rapazas coñecen a historia do noso castelo, dos condes de Altamira e de Alonso de Fonseca. Unha actividade didáctica na que os escolares aprenden dun xeito lúdico a historia de Galicia.
Manuel Antelo visitou aos escolares durante a actividade que realizaban dirixidos polas profesoras de galego, e acompañounos ata o remate das mesmas.