Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Manuel Antelo, Manuel V. Alonso de Léon, Félix Porto e José Luis Fondo, alcaldes de Vimianzo, Camariñas, Muxía e Ponteceso; Mª del Carmen Linares, concelleira de Deportes de Camariñas; Javier Couto, técnico de turismo de Ponteceso; e Fran Puga, Diego Castiñeira, Carlos Pazos e Victor Santos, técnicos deportivos de Camariñas, Muxía, Corcubión e Vimianzo presentaban hoxe na Sala de sesións do noso concello a programación de sendeirismo chamada Andainas 2013. Coñece a Costa da Morte.
Os alcaldes presentes en Vimianzo destacaron a importancia da unión entre concellos, calquera que sexa o color político dos mesmos, para organizar diferentes eventos e iniciativas conxuntas que leven á unión da Costa da Morte e dos seus habitantes, abrindo as portas a que en vindeiras ocasión se unan máis concellos a calquera tipo de iniciativas.
Os técnicos municipais destacaron que se trata de cinco roteiros, un en cada concello participante, de escasa dificultade, pensados para un público familiar, cunha duración máxima de catro horas, coa finalidade de fomentar relacións entre os veciños e veciñas da Costa da Morte e coa importancia de coñecer o noso territorio e o noso patrimonio para aprender a valoralo.
O primeiro dos roteiros, o 20 de abril, será polo concello de Ponteceso, saíndo da vila pondaliana pola ribeira, pasando pola Barra e Valarés, cunha àrada especial na Pedra da Serpe para rematar no Faro do Roncudo.
O sábado 4 de maio desprazarémonos ao concello de Muxía para realizar unha ruta que comeza no lugar de Moreira para dirixirnos ao Cabo Touriñán, o punto máis occidental da Península Ibérica, e rematará na praia de Nemiña.
O concello de Vimianzo será o protagonista do sábado 11 de maio, cun roteiro que sairá da capital municipal e logo da visita ao Castro das Barreiras, collerá camiño de subida cara ao Monte Faro e o Monte da Vela, onde poderemos ver unha panorámicas do Val de Vimianzo e da ría de Camariñas. A ruta rematará en Carnés, onde poderemos degustar os famosos callos na Cerca onde cada 9 de xullo se celebra a tradicional Festa da Faguía, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.
O 18 de maio será Corcubión o concello anfitrión cun percorrido pola península do concello, percorrerase un tramo do Camiño Xacobeo ata a Amarela, visitando a igrexa de San Pedro e os cabazos da Redonda.
O concello encargado de pechar a programación será Camariñas, cun percorrido pola ría onde o Faro Viñán e o Cemiterio dos Ingleses serán os principais protagonistas. A ruta rematará no Club Náutico dcunha degustaciónde produtos de Industrias Cerdeimar, Conservas Boya.
A inscrición, gratuita, estará aberta ata o xoves anterior a cada ruta.