Concello de Vimianzo
23 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

18-02-2013

Non queremos que nos quiten o GRUMIR

Baixo o lema NON QUEREMOS QUE NOS QUITEN O GRUMIR concentrábanse na praza do concello máis dun cento de persoas capitaneadas polos traballadores do Grupo de Intervención Rápida, o alcalde e concelleiros do BNG, PSOE e IxV. Xunto deles, numerosos veciños e veciñas e traballadores do concello de Vimianzo quixeron reivindicar a necesidade do mantemento da base do GRUMIR de Vimianzo que non aparece contemplada no novo mapa de emerxencias presentado pola Xunta de Galicia, desmantelando a base de Vimianzo, que vén realizando un traballo incomiable desde o ano 2002, e creando unha nova base en Ponteceso, deixando desatendida unha boa parte da Costa da Morte. Desde Vimianzo non se comprenden os criterios que se están a seguir desde a Xunta de Galicia para a elaboración do novo mapa, xa que a base de Vimianzo cumpre todos os criterios establecidos pola propia Xunta para ubicar as bases de emerxencias como son centralidade xeográfica, experiencia, formación e existencia previa dunha base dotada dos medios necesarios. Baseándose nestes criterios desde o concello solicitouse unha entrevista co vicepresidente Rueda sen recibir resposta polo momento. Esta entrevista foi reclamada nesta concentración na lectura do comunicado final por parte de Mª Carmen Gándara, en representación dos traballadores do GRUMIR. Coa finalidade de reclamar que o vicepresidente da Xunta de Galicia reciba ao alcalde e aos portavoces municipais os traballadores do GRUMIR iniciarán unha marcha a pé a Santiago de Compostela que realizarán en etapas ata chegar a San Caetano, con vistas a seren recibidos polo señor Rueda. O alcalde e os portavoces dos grupos municipais acompañarán aos traballadores na saída mañá martes ás 9 da mañá da praza do concello e o xoves no último tramo para acompañalosna chegada ao edificio administrativo da Xunta de Galicia.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X