01-02-2013
A señora Mª Xosefa Espasandín celebraba onte un século de vida
Sorrinte e faladora recibía onte Mª Josefa Espasandín aos familiares e amigos que se achegaban á súa casa de Tines felicitala no día do seu aniversario. Non se trataba dun aniversario calquera, senón que celebraba nin máis nin menos que un século de vida.
Non todos os días un veciño chega aos 100 anos por iso, como non podía ser doutro xeito, o alcalde e a concelleira de Benestar Social, Mª Xosé Ramos, quixeron achegarse a felicitala nun día tan especial para ela e para a súa familia. O bo humor e alegría da protagonista, que mesmo se atreveu a tocar a pandeireta, contaxiaba a todos os presentes.