Concello de Vimianzo
25 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

28-01-2013

Vimianzo loitará para non perder a base do GRUMIR

A Xunta de Galicia presentou unha proposta de novo mapa para a redistribución dos grupos de emerxencia e protección civil que substituirá ao vixente actualmente, baseado nos grupos municipais de intervención rápida. Na previsión que a Xunta fai sobre o novo mapa, o GRUMIR de Vimianzo desaparecería establecendo a base comarcal en Ponteceso, unha base que tería que dar cobertura ao territorio definido polos vértices de Carballo, Santa Comba e Cee, que contan con parque de bombeiros. 
Manuel Antelo enviaba unhas alegacións á FEGAMP a ter en conta no novo mapa, tan pronto foi coñecedor da nova distribución, nas que se pon en antecedentes á Xunta da existencia de base do GRUMIR en Vimianzo desde o ano 2002, unha base que consta cunhas instalacións, persoal cualificado para as emerxencias e unha importante dotación material, entre a que se atopan dous vehículos e un camión motobomba, financiados pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o propio concello, financiamento que se compromete a seguir mantendo. Nas alegacións sinálase ademais que esta base se sitúa nun lugar equidistante dos parques de bombeiros, o concello de Vimianzo é o que conta cunha poboación superior que os demais concellos comprendidos entre a área delimitada  por Carballo, Cee e Santa Comba. As comunicacións suman outro punto a favor a Vimianzo xa que está comunicado poal AC-552 que une Carballo e Cee, pola AC-432 que enlaza Camariñas coa entrada anteriormente citada, AC 440 que une Santiago con Muxía e nun futuro a vía de alta capacidade cruzará o concello. Vimianzo foi sinalado como "nodo de equilibrio do territorio", sendo estes núcleos de influencia supramunicipal, no Decreto 19/2011. Ademais Vimianzo está considerado como zona de alto risco de incendios forestais polo Plan de Incendios de Galicia.
O Grumir de Vimianzo leva anos realizando actuacións no ámbito da proteción civil, na loita contra incendios e emerxencias en accidentes, non só no ámbito xeográfico do noso concello, senón en colaboración cos concellos da contorna.
Por todo isto e co fin de esixirlle á Xunta de Galicia que manteña a base en Vimianzo o grupo municipal do BNG presentaba unha moción no pleno ordinario que foi aprobada por asentimento de todos os grupos municipais. Ese acordo será trasladado á Xunta de Galicia solicitando que tome as decisións pertinenetes ante a elaboración do novo mapa de emerxencias

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X