Concello de Vimianzo
25 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

16-01-2013

Representación vimiancesa nos podios do IV Duatlón de Reis

a

De todos é sabido a afección polo deporte entre os vimianceses e vimiancesas e, como non podía ser doutro xeito, moitas destas persoas que vemos correr todos os días estiveron presentes no IV Duatlón de Reis que o concello organizou o pasado domingo. O día non se prestaba para saír da casa pero os corredores non quixeronperder a ocasión de enfrontarse á adversidade e partcipar nun percorrido que a chuvia se encargaba de endurecer.. Os camiños de terra convertéranse en lama e os participantes sentírona nas súas propias carnes.
Pasadas as 11 da mañá o alcalde daba a saída. Por diante quedaban 30 Km. de proba combinanado carreira a pé con bicicleta. Entre os participantes, o máximo favorito era o campión do ano pasado, José Manuel Pardo Leis (dorsal 1), de Arteixo. E non defraudou, porque logo se puxo a liderar a proba, chegando en cabeza á primeira transición seguido moi de preto polo vimiancés David Calzas (d17). Mentres, na categoría feminina comandaba a proba a tamén vimiancesa Vicky Fernández (d72) seguida, a certa distancia, por Almudena Suárez (d26) da Coruña. No segmento de bicicleta David Calzas impuxo un forte ritmo que lle fixo recuperar posicións ata colocarse en cabeza da proba na primeira volta do segmento, seguido de preto por Amancio Espiñeira (d13), de Sigüeiro e José Manuel Pardo. O grupo de cabeza seguiu aumentando as distancias cos seus perseguidores e, na segunda transición comandaba a carreira Amancio Espiñeira, seguido moi de preto por Clazas e Pardo. Na categoría feminina as posicións non variaban e Vicky seguía a liderar a proba con comodidade, mentres Almudena mantiña a segunda posición e, con maior distancia viña Irene Anón (d97) de Arteixo.
Nesta situación enfrontábase o último segmento de carreira a pé, no que David volvía liderar a carreira seguido por José Manuel e Amancio. Así chegaron á recta de meta, na que o de Arteixo conseguiu a vitoria superando a David uns metros antes da meta; un pouco máis retrasado entrou Amancio. O tempo empregado polo campión para percorrer os 30 km. da proba foi de 1 hora, 28 minutos e 52 segundos, realizando unha media de 2.95 min/Km.
En canto á categoría feminina Vicky Fernández acadou a vitoria cun tempo total de 2 horas, 4 minutos e 9 segundos, realizando unha media de 4.11 min/Km. En segunda posición entrou Almudena e a terceira praza foi para Irene.

Resumo da clasificación:

Categoría masculina:
  • 3º clasificado: Amancio Espiñeira, de Sigüeiro
  • 2º clasificado: David calzas, de Vimianzo
  • 1º clasificado: José Manuel Pardo, de Arteixo

Categoría feminina:
  • 3ª clasificada: Irene Añón, de Arteixo
  • 2ª clasificada: Almudena Suárez, da Coruña
  • 1ª clasificada: Victoria Fernández, de Vimianzo


Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X