Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
A afección aos xogos de naipes demóstrase cada ano coa participación nos torneos de escoba e tute que se disputaron os pasados días 2, 3 e 4 de decembro na Casa da Cultura dentro da programción de Nadal do concello. Manuel Antelo entregaba onte na Sala de Sesións os trofeos aos gañadores dos dous torneos.
Os primeiros en recoller o trofeo foron os xogadores de escoba individual resultando 3º clasificado Manuel Pérez, 2º clasificado José Canosa e primeiro clasificado Jesús Pereiras.
No torneo de tute os gañadores de escoba repetiron podium quedando no segundo posto José Canosa que xogou xunto con Santiago Oreiro e no primeiro posto a parella formada por Jesús Pereiras e Emiliano Novoa.