Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

07-01-2013

Os Magos de Oriente estiveron de visita por todas as parroquias do noso concello

A partir das 10.30 horas do sábado a cabalgata dos Reis Magos de Oriente percorreu todas as parroquias do concello onde os agardaban os nenos e nenas ansiosos por entregarlle as cartas e recoller os caramelos e un pequeno agasallo. A ilusión da chegada do día de Reis non é exclusiva dos máis pequenos da casa, os maiores manteñen o espírito infantil de emoción na chegada do día de peche das festas de Nadal, como demostraron os maiores do Xeriátrico ou da vivenda Comunitaria que agardaban con moita emoción a chegada da chegada dos Reis, sen dúbida máis presentes no seu recordo que Papá Noel.
No auditorio ateigado de pequenos e maiores agardaban a chegada da comitiva real formando longas fileiras para sentar no colo de Melchor, Gaspar e Baltasar e lembrarlle os agasallos pedidos xa na carta entregada ao carteiro real.
Para rematar a festa, antes de deixar a Casa da Cultura, as alumnas da escola de pandeireta do concello interpretaron os tradicionais cantos de Reis que aínda lembran cantar os máis maiores.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X