Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

04-01-2013

O Carteiro Real recolleu onte as cartas dos nenos e nenas de Vimianzo

Os nenos e nenas tiñan onte unha festa especial na Casa da Cultura xa que agardaban a visita do carteiro real, o encargado de levar as cartas nas que piden os agasallos aos Reis Magos.
Os pequenos chegaron á casa da Cultura ás cinco da tarde dispostos a unha tarde de actividades. Elaboraron un roscón de Reis con chocolate e gominolas, que logo degustaron entre todos os participantes. Durante a tarde houbo animación e globoflexia, mais os nenos agardaban a vista do carteiro real ansiosos por entregarlles as cartas. O paxe tamén traía agasallos para os presentes, pero antes de recibiren cadansúa buxaina tiveon que cantarlle panxoliñas. unha vez as cartas estiveron na caixa de correo real, o carteiro despediuse de todos dándolles varios consellos para a noite de Reis: ir cedo para a cama, deixarlle baldes de auga para os camelos e turrón para os Magos. 
O sábado os Reis visitarán todas as parroquias do concello segundo o horario previsto no programa: Salto (10.45) - Bamiro (10.50) - Tines (11.30) - Treos (11.50) - Serramo (12.20) - Baíñas (12.50) - Castrelo (15.30) - Berdoias (16.00) - Carnés (16.30) - Cereixo (17.00) - Carantoña (17.30) - Calo (18.00 Pasarela) - Vimianzo (19 h. Xeriatrico; 19.30 vivenda comunitaria e centro de día; 20 horas recepción na Casa da Cultura).

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X