Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Papá Noel xa estará descansando despois dos días de axetreo laboral previos ao Nadal no que quixo estar presente tamén no noso concello atendendo a demanda de pequenos e maiores. Primeiro comunicouse cos alumnos e alumnas do colexio por videoconferencia, pero desde o xoves puidémolo ver polas rúas de Vimianzo, Baíñas e A Piroga, visitando os comercios onde recollería os agasallos que levou ás nosas casas a noite do día 24. Fixo unha visita á Escola Infantil Municipal Os Vimianziños, onde o agardaban expectantes os nenos e nenas nerviosos ao poder achegarse a Papá Noel, aínda que non faltaron algúns choros. Pero tamén visitou os nosos maiores do Centro de Día e da Vivenda Comunitaria, así coma os residentes no Xeriátrico, que tamén tiveron a oportunidade de falar con Papá Noel e trasladarlle os seus desexos para estas datas. E o sábado gozaron dunha gran festa de Papá Noel con animación no auditorio da Casa da Cultura que reamtou coa entrega de premios do Concurso de Postais.
Premiados no II Concurso Infantil de Postais
Categoría de 3 a 5 anos
- Mauro Santos Lema, 4 anos
- Noa Forján Martínez, 3 anos
- Marcos Cancela, 5 anos
Categoría de 6 a 8 anos
- Claudia Roget Antelo, 6 anos
- Sergio Mouzo Ferreiro, 7 anos
- Brais Esperante Pérez
Categoría 9 a 11 anos
- Borja Duarte Quintáns, 10 anos
- Iria Domínguez Riveiro, 11 anos
- Esteban Moreira Allones, 11 anos
Categoría 12 a 15 anos
- Javier Trigo Carreira
- Sergio Blanco López
- Alicia del Moral Queiro
De entre as postais premiadas resultou gañadora a de Mauro Santos Lema, de 4 anos, que será a base do cartel de Nadal do ano 2013.