Concello de Vimianzo
14 de agosto de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

10-12-2012

Veciñas e veciños de Salto réndenlle homenaxe a dona Carmen Neira Marcos

"Mestra de todo para todos" é o recordo que os veciños e veciñas da parroquia de Salto queren gravar na memoria das vindeiras xeracións que sen coñecer á persoa ben seguro apreciarán o traballo da que foi mestra de Castromil durante 32 anos. Así reza a inscrición que, lembrando un encerado da época, se atopa na escultura que preside a praza de Castromil, reinaugurada na tarde de onte co nome de Praza dona Carmen Neira Marcos. Unha escultura en pedra co rostro en relevo da mestra realizada polo escultor vimiancés Suso Fuentes Canosa, un encargo que a xunta directiva da Asociación Neira Marcos tiña en mente desde a súa fundación e que onte se fixo realidade. Unha emotiva homenaxe dirixida por Teresa Ferreira, presidenta da entidade organizadora, acompañada de numerosos veciños e veciñas que non quixeron faltar á homenaxe. despois de que o párroco procedese á bendición da praza e da escultura, tocou a quenda das lembranzas e agradecementos: comezou o escultor Suso Fuentes, valorando moi positivamente que se homenaxee unha mestra de escola; seguiu Manuel López quen foi compañeiro de profesión de dona Carmen na escola de Castromil; as lembranzas dos alumnos correron a cargo de Pepe Ameixeiras; non faltaron os familiares representados polo sobriño e afillado da mestra, José Ramón López, que lembrou os veráns que pasou en Castromil; e o alcalde de Vimianzo, quen louvou o traballo da Asociación Neira Marcos, unha das máis activas das asociacións do concello, sempre preocupada por recuperar tradicións, e valorou a homenaxe a unha mestra que loitou pola ensinanza na escola pública nun tempo no que non se valora o traballo dos mestres. Acompañado polos familiares da mestra o alcalde deu paso á inaugración da praza descubrindo a placa, antes de que Irma Macías pechase o acto recitando unha poesía da súa autoría dedicada a dona Carme. Para rematar a tarde os presentes compartiron castañas asadas e un bo chocolate quente no salón parroquial.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X