Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Foi necesaria convocatoria dunha sesión extraordinaria do pleno da corporación para aprobar a modificación do proxecto DTC 94 aprobado no pleno da Deputación do pasado 23 de novembro, logo de que os concelleiros da oposición votasen en contra no pleno ordinario do 24 de novembro, o que suporía aperda de 326.839,66 euros que a Deputación aprobara a expensas da certificación do pleno da corporación municipal.
A presenza de cinco concelleiros, catro do grupo de goberno e un do grupo popular, fixeron posible qe se levase a cabo a sesión plenaria extraordinaria, ao cumprinse a asistencia dun terzo dos concelleiros necesaria para que se poida constituír o pleno. O voto favorable dos cinco concelleiros fixo posible tamén a aprobación da modificación do acordo plenario do 26 de setembro de aprobación das obras e a inclusión do concellode Vimianzo no Plan DTC 94. O goberno enviou xa a certificación da ratificación do pleno solicitada pola Deputación para poder levar a cabo o investimento de preto de 327.000 euros no concello que irán integramente destinados a 7 proxectos de obras que engloba 25 actuacións:
A. REPARACIÓN E MELLORA DE VÍAS RURAIS MUNICIPAIS NAS PARROQUIAS DE BAÍÑAS E SALTO: 35.320,37 euros
1. Vía Castro - Reparada (Salto)
2. Vía Furaca - Costa da Forca (Baíñas)
B. REPARACIÓN E MELLORA DE VÍAS RURAIS MUNICIPAIS NAS PARROQUIAS DE BAÍÑAS E SERRAMO: 32.950,49 euros
1. Vía Santa Comba - Manlle (Baíñas)
2. Vía Novelle - Brañas Vilanova (Serramo)
3. Vía Quitiande - O Comarerio (Serramo)
C. REPARACIÓN E MELLORA DE VÍAS RURAIS MUNICIPAIS NAS PARROQUIAS DE CAMBEDA, CASTRELO, CEREIXO, SALTO E VIMIANZO: 37.858,01 euros
1. Vía A Esquipa - O Porto de Cereixo (Cereixo)
2. Vía A Valiña - O Campo da Areosa (Vimianzo)
3. Vía interior de Sansobre (Vimianzo)
4. Vía Castro - Cruce de Pedreira (Salto)
5. Vía no lugar de Lavandeira a Vilar (Castrelo)
6. Vía en Rasamonde (Cambeda)
7. Vía en Sandrexo (Treos)
8. Vía en Vilaseco (Castrelo)
D. MELLORAS NA CONTORNA DO CENTRO SOCIAL E CULTURAL DE BAÍÑAS: 32.426,39 euros
1. Prolongación das beirarrúas
2. Pavimentación Entorno Casa da Cultura
3. Peche da parcela
E. ACTUACIÓNS NO PATRIMONIO MUNICIPAL EN TINES E VIMIANZO: 37.437,40 euros
1. Mellora da contorna da escola de Tines
2. Reparacións no Colexio de San Vicenzo de Vimianzo
3. Reparacións no ximnasio de Vimianzo
4. Selado nas escaleiras de acceso á Casa do Concello
5. Selado de escaleiras de acceso á Casa da Cultura
F. ACTUACIÓNS NO PATRIMONIO MUNICIPAL EN VIMIANZO E BAÍÑAS: 47.932,00 euros
1. Arranxo e pintado da fachada do Colexio de Baíñas
2. Actuación no polideportivo de Baíñas
3. Mellora da contorna do Centro da Cruz Vermella (Vimianzo)
G. REPARACIÓN E MELLORA NA ESTRADA MUNICIPAL BAMIRO - BAÍÑAS, ENTRE TINES E QUINTÁNS: 102.915,00 euros