Concello de Vimianzo
14 de agosto de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

29-11-2012

Vinte e cinco asociacións culturais e deportivas reciben subvención do concello

Un total de 32.900 destinou o concello de Vimianzo para o fomento da cultura e o deporte colaborando, na medida do posible, co tecido asociativo do concello, principais promotores da dinamización sociocultural e deportiva que traballan desinteresadamente ao longo de todo o ano para o goce de todos os veciños e veciñas. 
No que respecta ás actividades socioculturais o concello destinou 9.500 euros dos cales a AX Cherinkas recibirá 2.900 para a organización do XVIII Asalto ao Castelo; a Asociación cultural e cabalar Monte Faro recibirá 1.200 euros que destinará a equipamento para a Rapa das Bestas; o proxecto Carnés na memoria recibirá 500 euros a Asociación O Castelo de Vimianzo; Neira Marcos de Salto dedicará outros 500 euros ao proxecto Dinamización cultural coa tradición II a mesma contidade da que dispoñerän As Nemanquiñas para a xuntanza de palilleiras. A asociación de Berdoias dispoñen de 400 euros para as actividades culturais do 2012, a mesma cantidade que a Asociación San Cristóbal de Carnés destina á adquisición de material para a Faguía, a Asociación de Veciños de Pasarela (Asvepa) emprega para o grupo de teatro Os Sapapusios e o grupo de baile Airiños do Río Grande, e a Asociación Castrobuxán detina os 400 euros á V Xuntanza campestre. As Amas de Casa de Vimianzo destinarán 300 euros a un curso de cociña entre outras actividades, a Asociación San Xoán de Cambeda emprega esa cantidade en actividades de dinamización cultural. Esta mesma cantidade destinóuselle ao IES Terra de Soneria e ao Ceip San Vicenzo para actividades culturais e fomento da lectura. O Ceip de Baíñas, que conta con menos alumnado, contará con 200 euros para actividades culturais, a mesma cantidade que tamén destina a actividades varias a asociación Santiago Apóstol de Cereixo e Trubisquiña empregará para clases de música e instrumentos. O Revoltixo de Carantoña dsiporá 150 euros á reparación de instrumentos e a Coral Lusco-Fusco a equipamento para a coral. E 100 euros terá a Asociación Virxe da Fátima de Cambeda para un curso de iniciación musical e Stabat Mater a mesma cantidade para Vimianzo no tempo.
En canto ás asociacións deportivas destinouse unha partida de 23.400 euros dos cales ao Soneria SD correspóndenlle 16.620 euros, 3.284 euros para o Fisober, 746 euros para o CF Castrelo e 150 euros para o CF Veteranos de Vimianzo. COn 500 euros conta a Asociación de Pesca Deportiva Neria para as actividades de 2012, a mesma cantidade que a Asociación O Castelo de Vimianzo detina as Xornadas de xogos populares. A Asociación Neira Marcos de Salto empregará 400 euros no 4º Roteiro de sendeirismo, cantidade que Cherinkas empregará para os gastos deo Roland Esgarros 2012. Finalmente o IES Terra de Soneira  e o Ceip San Vicenzo reciben 300 euros para actividades deportivas e o Ceip de Baíñas 200 euros para o mesmo fin.

         

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X