19-11-2012
O Xeriátrico de Vimianzo festexa o segundo Aniversario de apertura
O Xeriátrico de Vimianzo leva xa dous anos en funcionamento e para conmemorar esa data Manuel Antelo acompañado polos concelleiros Fernando Mancebo e Mª Xosé Ramos e a traballadora social, Sandra Abeijón realizou unha visita aos residentes e traballadores da residencia xeriátrica. O director do centro, Javier Sarrato acompañou á comitiva na visita ao centro, onde se atoparon coa Asociación de palillerias As Nemanquiñas de Vimianzo, que estaban realizando unha demostración da arte do encaixe, unha das moitas actividades que estaban progrmadas durante a semana para festexar o aniversario.
Manuel Antelo aproveitou a visita non só para falar co director e coa traballadora social sobre o funcionamento das instalacións senón tamén para compartir conversa cos residentes no centro,moitos deles nativos de diferentes lugares do concello, e outros chegados desde diferntes lugares da xeografía galega, que hoxe se senten xa veciños e veciñas de Vimianzo.