Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O 20 de novembro é o Día universal da Infancia e na biblioteca municipal non se quere esquecer esta celebración, mais sen deixar de lado tampouco o día internacional da loita contra a violencia de xénero, que se conmemora o 25 de novembro. Conxugando estes dous acontecementos na prigrmación á lectura que cada mes se desenvolve na biblioteca, podemos ver a exposición "Nenos e nenas pola igualdade".
O pasado sábado tiña lugar a primeira das dúas citas mensuais que os nenos e nenas teñen na biblioteca. Nesta ocasión os protagonistas foron os xoguetes populares, pero en vez de xogar, do que se trataba era de elaborar cada un os seus propios xoguetes, como tiñan que facer a maioría dos seus avós e avoas. Deste xeito puxéronse mans á obra e con imaxinación e moita habilidade, e coa axuda das monitoras, e, aproveitando material que calquera pode atopar nas súas casas, fixeron un barco con noces, un cabalo de cortiza, un rinrán de botóns, e, o de maior éxito, unha boneca con casulas de millo. pero non só foi elaboración, as monitoras entretiveron ás crianzas co conto A carreira de sacos, de Silvia Pazos.
O día 24 volverá a haber programación na biblioteca, nesa ocasión a cargo da compañía Trinke Trinke, con "A ratiña presumida e o ratiño presumido".