Concello de Vimianzo
14 de agosto de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

12-11-2012

Máis de 650 panilleiras na Xuntanza de Vimianzo

A VI Xuntanza de palilleiras de Vimianzo, organizada pola Asociación de palilleiras As Nemanquiñas, congregou a máis de 650 palilleiras chegadas desde diferentes puntos da xeografía galega dispostas a pasar unha xornada de confraternización arredor da artesanía do encaixe que tan ben dominan. O repenicar dos panillos comezaba a sentirse pouco despois das 10.30 da mañá e as mesas do pavillón ían enchéndose de artesás, maiormente mulleres, aínda que tamén se podía atopar algún home que demostraba que o panillo non é só cousa de mulleres.
A presidenta das Nemanquiñas dáballe a benvida arredor das 12.30 horas a todos os presentes acompañada pola deputada provincila Zaira Rodrígues, o alcalde de Vimianzo, a concelleira de Camariñas Sandra Ínsua e concelleiros da corporación municipal de Vimianzo. Por diante quedaba aínda unha tarde de traballo e conversa na que moitos veciños e veciñas de Vimianzo e da Costa da Morte se achegaron ao pavillón municipal.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X