Concello de Vimianzo
14 de agosto de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

12-11-2012

APEM inaugura un novo centro de traballo en Vimianzo

O Centro Social de Vimianzo alberga desde a pasada o novo centro de traballo para os usuarios e usuarias da Asociación pro Enfermos Mentais APEM. O pasado venres o presidente de APEM, José Luis Muruzábal, achegábase a Vimianzo para inaugurar as instalación xunto con Manuel Antelo e Mª Xosé Ramos. Muruzábal agradeceu a dispoñibilidade do concello de Vimianzo que desde o momento da proposta do presidente da Asociación se mostrou disposto a colaborar, mentres que Manuel Antelo agradeceu ao presidente da asociación que escollesen Vimianzo para abrir un novo centro de traballo, unha oportunidade que o concello non pode desaproveitar. Entre os presentes na inaguración na que se atopaban familiares dos usuarios e usuarias, tamén representantes de diferentes concellos da Costa da Morte: o alcalde de Zas, Manuel Muíño; o alcalde de Camariñas, Manuel Alonso, a concelleira de Servizos Sociais de Camariñas, Mª del Carmen Linares; o alcalde e tenente alcalde de Cabana, José Muíño e Carlos Allo; e traballadoras sociais dos concellos da Costa da Morte. 
        

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X