Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Estamos en tempo de música no auditorio de Vimianzo e así o demostraron as tres corais da Terra de Soneira facendo comarca con música coral. II Encontro na Casa de Cultura e de novo o auditorio cheo disposto a gozar dunha tarde musical cun repertorio variado de música coral. Manuel Antelo deu a benvida ao público chegado desde os tres concellos da nosa comarca, aos representantes dos concellos de Camariñas e Zas, que non quixeron perder esta ocasión de ver as tres corais que representan aos respectivos concellos e á nosa comarca alá onde actúan, e deu paso ao serán musical. As primerias en subir ao escenario foron as vinte e oito mulleres que compoñen a Coral de Mulleres de Camariñas, coral creada desde a Consellería de Servizos Sociais do concello, que quixeron comezar cun tema dedicado á Costa da Morte do seu veciño Xosé Luis Blanco Campaña, continuaron interpretando A Gaviota de F. Sirés, unha canción tadicional galega O arrieiro, o coro de escravos da ópera Nabuco, Va pensiero, de Verdi; e remataron cun tema composto pola directora da coral, Rosario Vázquez Freire, en homenaxe a Camariñas: Un balcón cara ao mar, que comseguiu emocionar a máis de un dos oíntes. A continuación foi a quenda dos representantes do concello de Zas, a Coral Polifónica xan Mella de Baio, que dirixidos pola bielorrusa Tatiana Pankrátova, interpretaron un variado repertorio musical que comezou cun tema galego, Lela, con letra de Castelao e música de Rosendo Mato, continuou con Sabor a mí, de Álvaro Carrillo, María la portuguesa, que oinmortalizou Carlos Cano, California Dremin de The Mamas$ the Papas e rematou coa habanera Jardín de ensueñño de Rey Rivero. A última coral en subirse ao escenario foi a anfitrioa, a Coral Polifónica Lusco e Fusco de Vimianzo, dirixida polo ceense Isidro Caamaño, que interpretou A noite de Jean Philipp, a habenaera Remos estrobas toletes de Jesús Méndez Torrado, No tardes Tom de Stephen C. Foster, a canción brasileira Balaio de Heitor Villalobos e ramtou coa canción tradicional galega A Rianxeira, onde o director animou ao público a participar no estrillo rematando o concerto cun animado ambiente no patio de butacas.