Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

15-10-2012

Unha divertida merenda con contos na biblioteca municipal

O programa de animación á lectura deste mes de outubro está dedicado á cociña entre libros e na biblioteca municipal pódese gozar dunha exposición sobre cociña infantil. Precisamente foron os libros desta exposición os que empregaron os nenos e nenas que participaron na merenda con contos, na tarde do sábado, para prepararen a súa propia merenda, seguindo as directrices das monitoras. Pero antes de poñérense mans á obra coa cociña tiveron que elaborar con papel os mandiles e os gorros, para poderen traballar como auténticos manipuladores de alimentos. Unha vez engalanados para a ocasión había que preparar a merenda, uns pratos exquisitos e divertidos en apariencia, mais que as crianzas non tiveron o menor reparo en desfacer para probalos. E para rematar a xornada o conto. un libro con animaciónque tiña por tema, como non podía ser doutro xeito, a cociña.
Ben seguro que osparticipantes levaron para aas súas casas un bo sabor de boca que oa animará a voltar á biblioteca o vindeiro sábado día 27 onde a Compañía Trinke Trinke presentará Os bos amigos.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X