Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O arqueólogo Ángel Concheiro resumía o éxito da inscrición das xornadas castrexas a teor da resposta de público inscrito nas xornadas, dicindo que Vimainzo se ía converter na capital da arqueoloxía esta fin de semana. Se ben onte contabamos con 120 inscritos na mañá de hoxe xa pasaba dos 130, cifra que se agarda supere os 150 posto que a inscrición segue aberta ata o mesmo venres e as xornadas son abertas.
O ambiente castrexo farase notar en Vimianzo a partir do venres, día en que se inauguran as xornadas, pois ademais dos vinte arqueólogos que participan nas xornadas, chegados de todo o norte da Península, nas xornadas non participará xente da Costa da Morte, senón que entre os inscritos cóntase con persoas da Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Miño, Oleiros, Pontedeume, Lugo, Lalín, Pontevedra, Vigo, Cotobade, Salvaterra e incluso de Viana do Castelo ou Matosinhos, o cal dá unha imaxe da difusión e interese destas xornadas. Entre eles hai arqueólogos, estudantes, persoal da administración pública, docentes e público en xeral. O Centro de Formación e Recursos, dependente da Consellería de Educación, colabora nas xornadas ofrecenso a posibilidade aos docentes de validar 15 horas de formación.
Manuel Antelo quixo destacar que para o goberno municipal é primordial a posta en valor do xacemento castrexo, que supón un gran incentivo para Vimianzo e para o turismo da Costa da Morte. “O concello está poñendo da súa parte para iniciar o traballo. Nestes días estase a acometer a limpeza, logo de que chegase a autorización de patrimonio. O seguinte paso terao que dar a Xunta de Galicia autorizando a escavación”. O arqueólogo Tito Concheiro subscribiu as palabras do alcalde, destacando que o Castro das Barreiras é, xunto co Castro de Vigo, o único xacemento que se atopa nun casco urbano, o que facilita que o visitante poida achegarse facilmente. “O ideal sería que o castro estivese escavado e as tres casas que nel se atopasen puidesen estar á vista” comentou o arqueólogo.
Que sabemos dos castros? Esta fin de semana teremos a oportunidade de aprender máis sobre a arqueoloxía, participando nestas Xornadas de investigación, didáctica e comunicación da Idade do Ferro, unhas xornadas novidosas e dinámicas que achegarán a Vimianzo as descubertas arqueolóxicas. O venres comezarán as xornadas cun itinerario activo pola historia de Vimianzo, trasladable á historia de Galicia, un percorrido que arrancará do Castelo, pasará polo Castro das Barreiras e rematará no Pazo de Trasariz desde onde nos achegaremos á cas da Cultura para dar paso á sesión inaugural e a conferencia de Tito Concheiro que abrirá as xornadas falando do Castro das Barreiras. O sábado haberá conferencias desde as 9 da mañá e o domingo e rematará que continuarán na mañá do domingo rematando cun foro aberto no que poderá participar todo o público.
Aquelas persoas que desexen pasar a tarde en Vimianzo poderán achegarse de novo á Casa da Cultura ao inicio da programación de teatro do auditorio coa Compañía Teatro do Morcego que poñerá en escena A función do tequila, cun elenco formado por Manuel Manquiña, Luísa Merelas, Elina Luaces e Santiago Fernández.