06-09-2012
O alcalde e o tenente alcalde achegáronse á Piroga para coñecer o estado das obras de saneamento reanudadas
O pasada semana reanudáronse as obras de saneamento integral do núcleo da Piroga, na parroquia de Bamiro, logo de que chegara ao concello a autorización de Augas de Galicia e de Estradas, e de contar co visto bo da Deputación da Coruña para executar o modificado do proxecto.
Estas obras reanudáronse dentro dos prazos previstos polo concello, grazas á celeridade de Augas de Galicia e da Deputación da Coruña na xestión das autorizacións que lle competían, entendendo a importancia de que estas obras se realicen canto antes para poder prestar o servizo aos veciños e veciñas do lugar. Coa realización deste proxeto elimínanse os puntos de verquido de augas residuais ao río Grande, que se levarán á EDAR de Baio, mediante un colector que atravesará o río.
Manuel Antelo e Fernando Mancebo visitaban o luns o lugar das obras para interesarse polo estado das mesmas e coñecer de primeira man como evoluciona o seu desenvolvemento.