03-09-2012
A 9ª Ruta BTT reuniu a 250 ciclistas en Vimianzo
Ás 16.30 horas do sábado Manuel Antelo daba saída aos 252 participantes na 9ª ruta BTT que se dispoñían a percorrer 36 quilómetros, a maior parte deles polo Monte Faro. Os ciclistas chegaban ao pavillón polideportivo arredor das 20 horas, onde tiñan á súa disposición a zona de duchas, e un pequeno avituallamento para recuperar forzas logo dun percorrido a pleno sol.
Unha gran participación nesta actividade deportiva, non competitiva, con ciclistas chegados desde toda a comarca, que pon de manifesto o interese popular por este tipo de eventos que axudan a promocionar o concello e supoñen unha axuda á economía local.