Concello de Vimianzo
6 de novembro de 2026
O corazón da Terra de Soneira

Formación

ver todos

Convocatorias

Emprego

Público

Nestes momentos non hai ofertas públicas

Privado

ver todos

Novas

27-10-2026

O Concello de Vimianzo recoñece os éxitos deportivos do Club Dousxsetenta na temporada 2025-2026

O Concello de Vimianzo recibiu este domingo o Club Dousxsetenta nun acto de recoñecemento á magnífica temporada 2025-2026 e aos importantes resultados acadados polos seus arqueiros e arqueiras.

Durante o encontro destacouse o elevado número de medallas conseguidas nos Campionatos Galegos de Sala e Aire Libre, o segundo posto do club na Liga Galega de Aire Libre e os destacados resultados de Nicolás Soto e Yago Rellán nos Campionatos de España.

A recepción serviu tamén para agradecer o labor de José María Lema, presidente saínte do club, e dar a benvida a Enrique Rellán, que asume a nova presidencia. Así mesmo, recoñeceuse o esforzo de todos os deportistas que representaron a entidade ao longo da temporada.

Un dos momentos máis emotivos da xornada foi a homenaxe ao adestrador Víctor Santos, a quen a familia Dousxsetenta quixo expresar o seu agradecemento pola dedicación e o traballo desenvolvidos durante tantos anos, fundamentais para a evolución e o crecemento do club.

O encontro rematou cunha comida de confraternización, nun ambiente de compañeirismo e celebración compartida.
Con este recoñecemento, o Concello de Vimianzo pon en valor o traballo do Club Dousxsetenta e o papel do deporte como espazo de formación, convivencia e superación, así como a súa contribución á proxección do nome do municipio nas competicións galegas e estatais.

O Concello traslada os seus parabéns a toda a familia Dousxsetenta por unha temporada chea de éxitos e anímaos a continuar nesta liña de traballo e compromiso co deporte.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2026 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
29
30
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X