Concello de Vimianzo
6 de novembro de 2026
O corazón da Terra de Soneira

Formación

ver todos

Convocatorias

Emprego

Público

Nestes momentos non hai ofertas públicas

Privado

ver todos

Novas

14-10-2026

Vimianzo celebra a Semana da Biblioteca con actividades de animación á lectura para o público infantil

O Concello de Vimianzo organiza unha programación especial con motivo da Semana da Biblioteca, dirixida ao público infantil e na que participará alumnado dos centros educativos do municipio.
As actividades desenvolveranse na Biblioteca Municipal, situada na Casa da Cultura, os días 20 e 21 de outubro, con propostas de contacontos e espectáculos que buscan achegar os libros á infancia dun xeito lúdico e participativo.
O martes 20 de outubro, ás 10:30 horas, Raquel Queizás presentará Raposadas e, ás 11:00 horas, Anxo Moure ofrecerá O carballo con botas.
O mércores 21 de outubro, ás 10:30 horas, será a quenda de Mago Errante co espectáculo A maxia dos libros.
O alumnado da EEI de Carantoña, do CEIP San Vicenzo, da Escola Infantil Municipal Os Vimianziños e do CEIP Baiñas participará nesta iniciativa, que pretende fomentar o gusto pola lectura desde as primeiras idades.
Esta programación está financiada a través do programa «Ler conta moito», da Xunta de Galicia, destinado a promover a lectura e dinamizar as bibliotecas públicas.
Con esta iniciativa, o Concello súmase á celebración do Día da Biblioteca, o 24 de outubro, reivindicando o papel das bibliotecas como espazos de aprendizaxe, encontro e acceso á cultura.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2026 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
29
30
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X