Concello de Vimianzo
9 de agosto de 2026
O corazón da Terra de Soneira

Novas

20-07-2026

O Castelo de Vimianzo estreará este verán a visita teatralizada nocturna "Nouturnio de Vimianzo"

O Concello de Vimianzo incorpora como novidade á súa programación estival "Nouturnio de Vimianzo", unha visita teatralizada nocturna que permitirá descubrir o Castelo dun xeito diferente, entre a historia, a lenda e a interpretación.

Esta nova proposta desenvolverase os días 31 de xullo, 5 e 21 de agosto e 5 de setembro, ás 22:00 horas, convertendo a fortaleza nun escenario vivo no que os seus muros, recunchos e personaxes agochados cobrarán protagonismo ao caer a noite.

A actividade ofrecerá un percorrido guiado e teatralizado que mergullará ás persoas asistentes nos misterios e relatos que forman parte da memoria do castelo, combinando patrimonio, cultura e espectáculo nunha experiencia inmersiva para todos os públicos.

Con esta iniciativa, o Concello de Vimianzo amplía a súa oferta cultural de verán e continúa apostando por novas fórmulas de divulgación patrimonial que permitan achegar a historia local de maneira atractiva e participativa.

As prazas serán limitadas e será preciso realizar inscrición previa a través do código QR habilitado no cartel da actividade.

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, destaca que esta nova proposta "permitirá vivir o Castelo desde outra perspectiva, aproveitando a maxia da noite para crear unha experiencia singular que combina patrimonio, emoción e cultura".


"Nouturnio de Vimianzo" nace así como unha das principais novidades culturais deste verán, reforzando o papel do Castelo como epicentro da programación cultural e turística do municipio.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2026 +
- agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X