Concello de Vimianzo
29 de xullo de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

24-08-2012

A vicepresidenta da Deputación visita a Mostra de artesanía do castelo de Vimianzo

O venres chegaba a vicepresidenta da deputación da Coruña, Mª Dolores Faraldo Botana, ao concello de Vimianzo ás 12 da mañá, onde a agardaban o alcalde, que facía un alto nas súas vacacións para recibila, e o tenente alacalde, Fernando Mancebo. Logo dunha conversa na alcaldía onde falaron de temas de interese común ao concello e á Deputación, saíron camiño do castelo onde os agardabne os artesáns e artesás. Durante a visita acompañaron tamén á vicepresidenta a concelleira nacionalista, Mª Xosé Ramos, e o concelleiro popular, Pablo López. A comitiva visitou a todos os artesáns que traballan no castelo recibindo as visitas de milleiros de visitantes durante os meses de verán: oleiros de Buño, canteiros, zoqueiros, maquetería de barcos, artesanía en coiro dos alumnos de Aspadex, cesteiros da Asociación Neira Marcos de Salto, artesanía do liño coa Asociación de Veciños O Santiaguiño de Carreira e Amigos do Liño; e o palillo de Muxía (Asociación Nosa Señora da Barca), Camariñas (Asociación Renda) e as anfitrioas de Vimianzo da Asociación a As Nemanquiñas. Para rematar a visita a Asociación Amigos do Liño preparou un desfile de modelos como mostra do seu traballo, que por motivos climatolóxicos tivo que realizarse na torre do castelo.
Unha vez rematada a visita Mª Dolores Faraldo volveu ao concello acompañada por alcalde e concelleiros asinar o convenio polo cal pode poñer en marcha a Mostra de Artesanía. esta mostra póderase viistar ata finais de mes todos os días, excepto o luns, e a partir do mes de setembro as fins de semana.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
18
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X