Concello de Vimianzo
15 de xullo de 2026
O corazón da Terra de Soneira

Novas

22-06-2026

Preto dun cento de persoas participaron no XIII Día da Bicicleta de Vimianzo

Preto dun cento de persoas participaron esta mañá na décimo terceira edición do Día da Bicicleta de Vimianzo, unha actividade organizada polo Concello co obxectivo de fomentar os hábitos de vida saudables, a práctica deportiva e o uso da bicicleta como medio de transporte sostible.

A xornada comezou coa concentración das persoas participantes na Praza do Concello para, posteriormente, iniciar unha marcha cicloturista de aproximadamente 12 quilómetros. O percorrido levou ás familias e afeccionados á bicicleta por distintas rúas do núcleo urbano e por diversos espazos da contorna do Val de Vimianzo, nun ambiente marcado pola convivencia e a participación.

A iniciativa, xa consolidada dentro da programación deportiva municipal, reuniu a persoas de todas as idades que puideron gozar dunha mañá de lecer ao aire libre combinando actividade física e coñecemento da contorna.

Desde o Concello de Vimianzo quérese agradecer a implicación de todas as persoas que fixeron posible o correcto desenvolvemento da actividade, especialmente ao coordinador técnico de Deportes, Víctor Santos; ás agrupacións de Protección Civil de Vimianzo e Camariñas; á Policía Local; ao Club Ciclista Terra de Soneira e ás persoas voluntarias que colaboraron na organización e seguridade da proba.

O Goberno local destaca a boa acollida desta nova edición e reafirma o seu compromiso coa promoción de actividades deportivas e de ocio saudable abertas á participación de toda a veciñanza.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2026 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X