Concello de Vimianzo
15 de xullo de 2026
O corazón da Terra de Soneira

Novas

11-06-2026

O Concello de Vimianzo abre unha nova edición de Vimiverán 2026, o programa municipal de conciliación destinado a facilitar a compatibilidade da vida laboral, familiar e persoal durante os meses de verán, cunha ampla oferta de

O Concello de Vimianzo abre unha nova edición de Vimiverán 2026, o programa municipal de conciliación destinado a facilitar a compatibilidade da vida laboral, familiar e persoal durante os meses de verán, cunha ampla oferta de actividades educativas, deportivas, culturais e de lecer dirixidas á infancia do municipio.

Oprazo de preinscrición para participar en Vimiverán 2026 permanecerá aberto do 8 ao 12 de xuño. As solicitudes poderán presentarse de forma telemática a través da sede electrónica municipal ou presencialmente na Casa da Cultura. O sorteo público para a adxudicación das prazas celebrarase o 15 de xuño ás 12.00 horas, mentres que a formalización das matrículas e o pagamento das taxas realizaranse entre os días 15 e 17 de xuño para a primeira quenda e do 15 ao 22 de xuño para o resto das actividades.

Nesta edición, a principal novidade será a incorporación da eclipse solar total do 12 de agosto de 2026 como eixo pedagóxico transversal de toda a programación. As crianzas participantes, independentemente da quenda ou actividade escollida, achegaranse a este acontecemento astronómico excepcional a través de experiencias adaptadas ás súas idades.

O programa contará cun protocolo propio de observación segura da eclipse, así como con obradoiros de construción de proxectores estenopeicos, actividades de divulgación científica, xogos e dinámicas que permitirán descubrir como se produce este fenómeno e a importancia de observalo con seguridade. O obxectivo é converter un acontecemento único nunha oportunidade de aprendizaxe compartida para toda a infancia participante, situando a curiosidade científica e a observación do ceo como elementos vertebradores de toda a programación estival.

A oferta inclúe propostas xa consolidadas como VimiAstronomía, VimiDeporte, VimiCheff e VimiInformática, ás que se suma VimiAsalto, unha quenda temática inspirada no Asalto ao Castelo, festade interese turístico de referencia do municipio. A
través dela, as crianzas poderán achegarse ao patrimonio, á historia local e ás tradicións de Vimianzo mediante actividades creativas, xogos e propostas participativas que reforzan o coñecemento e o orgullo polo territorio.

Outra das apostas destacadas desta edición será VimiAventuras nas Parroquias, unha iniciativa que achega os servizos de conciliación ás diferentes zonas do concello, facilitando o acceso das familias do rural e garantindo a igualdade de oportunidades en todo o territorio municipal. Esta proposta compartirá tamén o fío condutor da eclipse solar, integrando actividades de observación, experimentación e descubrimento científico adaptadas ao contexto de cada parroquia.
Vimiverán 2026 consolídase así como unha proposta que vai máis alá da conciliación, combinando lecer, educación, ciencia, patrimonio e participación comunitaria. A través dunha programación innovadora e conectada coa realidade do territorio, o Concello busca ofrecer ás crianzas experiencias significativas que contribúan ao seu desenvolvemento persoal, ao coñecemento da súa contorna e ao espertar da curiosidade científica.

Con esta nova edición, o Concello de Vimianzo reforza o seu compromiso coas familias, coa infancia e coa creación de oportunidades educativas de calidade para todo o municipio, facendo de Vimiverán un espazo de encontro, aprendizaxe e descubrimento ao longo de todo o verán.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2026 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X